Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: desv. inst. eléct. afect. obras estrada de Rozas-Abadín-tramo Momán.
Situación: Cospeito e Abadín.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 sobre torres metálicas. C.T. de 160 kVA relación 20.000/380-220 V. R.B.T. en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Lugo, 26 de febreiro de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo