Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/14-2, 5988 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: Telecontrol de red M.T. e C.T. Burela.

Situación: Burela.

Características técnicas:

L.M.T.S. a 20 kV entre C.R. Burela e C.T. Vila do Medio, con 440 m de lonxitude e conductor tipo DHZ1.

L.M.T.S. a 20 kV entre C.T. Vila do Medio e C.T. Avenida, con 530 m de lonxitude e conductor tipo DHZ1.

Treito de 39 m de lonxitude da L.M.T.S. C.T. Vía-C.T. Edif. Burela a 20 kV e conductor tipo DHZ1.

Treito de 25 m de lonxitude da L.M.T.S. C.T. España-C.T. Hospital a 20 kV e conductor tipo DHZ1.

Treito de 70 m de lonxitude da L.M.T.S. C.S. Hospital-C.T. Hospital a 20 kV e conductor tipo DHZ1.

L.M.T.S. a 20 kV con orixe en apoio da L.M.T.A. Foz-Cangas-Burela e final no C.T. Instituto, con 245 m lonxitude e conductor tipo DHZ1.

L.M.T.S. a 20 kV entre C.T. Ecesa 2 e C.T. Ecesa 1 con 179 m de lonxitude e conductor tipo DHZ1.

L.M.T.S. a 20 kV entre C.T. Aramis e C.T. Medusa con 250 m de lonxitude e conductor tipo DHZ1.

C.T. de 400 kVA de pontencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

C.T. de 315 kVA de pontencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

C.T. de 630 kVA de pontencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo