Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de marzo de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Álabe-Labrada.

En cumprimento do disposto no artigo 28.5º do Decreto 80/2000, do 6 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da

Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de marzo de 2003, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Álabe-Labrada.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, o planeamento do Concello de Abadín queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL