Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/19-2, 5998 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002, Lugo.

Título: L.M.T. Oirín-Fazouro (treito Sta. Cilla).

Situación: Foz.

Descricións técnicas:

-L.M.T.A. a 20 kV con 418 m de lonxitude, conductor tipo LA-110, con orixe en P-99 da L.M.T. existente e final en P-4 da proxectada.

-L.M.T.A. a 20 kV con 114 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en P-3 da L.M.T. proxectada Oirín-Fazouro e final en P-2 da L.M.T. a Vilacizal.

-L.M.T.A. a 20 kV con 87 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en P-4 da L.M.T. proxectada Oirín-Fazouro e final en C.T. Sta. Cilla.

-C.T. de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo