Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Arousa número 2996, no concello de Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, por parte de Hormigones Valle Miñor, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Hormigones Valle Miñor, S.A., con enderezo social no polígono industrial das Gándaras, s/n, 36400 O Porriño, Pontevedra, presentou nesta delegación provincial o día 18 de outubro de 2002, instancia-solicitude do permiso investigación denominado Arousa, sobre unha superficie dunha cuadrícula mineira para a investigación de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2996.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, e á seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Pp-V1-8º 43' 00''42º 37' 20''

V2-8º 42' 40''42º 37' 20''

V3-8º 42' 40''42º 37' 00''

V4-8º 43' 00''42º 37' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo, no se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra