Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/114-2, 5902 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Francés e Os Currás (Carral).

Situación: Begonte.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 280 m de lonxitude, conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. Vilalba-Guitiriz e final en C.T. de Francés.

L.M.T. aérea a 20 kV con 94 m de lonxitude, conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. Vilalba-Guitiriz e final en C.T. dos Currás.

2 C.T. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. aérea de 850 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.

R.B.T. aérea de 1.750 m de lonxitude conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 19 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo