Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de febreiro de 2003, do Servicio de Informes e Recursos da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00026-I-2003).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00026-I-2003

PO-7804-BH

3325183846L145100493

Juan Carlos Aneiros Pérez, S.L.

Ernesto Caballero, 30

365 (Pontevedra)

Realizar transporte privado de mercadorías (lambetadas) co vehículo matrícula PO-7804-BH que está en posesión dunha autorización de transportes da clase MPC-Nacional carecendo, na parte exterior deste, de tódolos distintivos relativos á autorización de transportes da que é titular.

23-1-2003; 13; N-640; 205,900

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/199090 euros