Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave AC/00/076.01 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra da autovía Ferrol-Vilalba, treito: Espiñaredo-núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez.

Clave: AC/00/076.01.

Orzamento: trinta e seis mil cento oitenta e oito euros con cincuenta e sete céntimos (36.188,57 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

2. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra de acondicionamento da estrada C-533, treito: Freixido-A Rúa.

Clave: OU/01/006.01.

Orzamento: cincuenta e seis mil douscentos noventa e cinco euros con corenta e sete céntimos (56.295,47 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

3. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra de acondicionamento da estrada LU-153, treito: Lourenzá-Masma.

Clave: LU/01/004.01.

Orzamento: trinta mil douscentos trinta e nove euros con catro céntimos (30.239,04 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditaranse segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 50 45.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2; teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta é de tres meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda