Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Vallogo, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo titular da oficina liquidadora do distrito hipotecario do Barco de Valdeorras, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Paseo do Malecón nº 30-baixo, O Barco de Valdeorras, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de marzo de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

-Interesado: Vallogo, S.L.

B24329328.

R/ Ave María, nº 2. Ponferrada-León.-Procedemento: apertura trámite audiencia.

Expte.: Z 19/2002.

Doc. 20008399.

-Interesado: Vallogo, S.L.

B24329328.

R/ Ave María, nº 2. Ponferrada-León.-Procedemento: apertura trámite audiencia.

Expte.: Z 18/2002.

Doc. 20008394.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA