Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relaciona requirimento de documentación pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Juan Manuel Casas Prieto).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase o requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo titular da oficina liquidadora do distrito hipotecario do Barco de Valdeorras, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Paseo do Malecón nº 30-baixo, O Barco de Valdeorras, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de marzo de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

-Interesado: Juan Manuel Casas Prieto.

DNI: 34595207X.

Enderezo: r/ Margarita Taboada 6-6º, O Carballiño. Ourense.-Procedemento: requirimento de documentación.

Expte.: 2093/2001.

Doc. 600100091502.