Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona resolución de recursos de reposición, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Lago Rodal, Rosa María e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, según a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recursos de reposición, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8-3ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 26 de febreiro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesada: Lago Rodal, Rosa María.

DNI: 36057360-F.

Muíños-Coruxo, 51, Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 24968/2000.

RR: 149/2002.

Interesado: Prado Rodríguez, Adolfo César (en representación de Frapercos, S.L.).

DNI: 35997806-T.

López Mora, 76 baixo, Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 11350/1999.

RR: 62/2000.

Interesado: Huarte Muniesa, Jesús (en representación de Emilio Touzón Andión).

DNI: non consta.

San Ignacio de Loyola, 6-3º centro, Zaragoza.

Procedemento: imposto de sucesións e doazóns.

Expte.: S-299/1997.

RX: 9/2002.