Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rodríguez Fandiño, Víctor e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 48 e seguintes do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8-3º planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 25 de febreiro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Rodríguez Fandiño, Víctor.

DNI: 78735816-P.

Lg. Balea-Darbo, 7, Cangas.

Procedemento: sanción Consellería de Pesca.

Expte. Z-1286/2002.

Liq.: 000020013606.

Interesada: Rouco Fernández, Mónica Argentina.

DNI: 36078995-E.

A Cabreira, Nigrán.

Procedemento: imposto de sucesións e doazóns.

Expte.: D-85/2001.

Liq.: 651000013004.