Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-02/260 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 7 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-02/260.

Denunciado: Francisco Piñeiro Núñez.

Último enderezo coñecido: Travesía de Coruxo, 2-Albar, 36994 Poio (Pontevedra).

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.