Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da redacción do Plan sectorial de ordenación territorial das áreas empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do marco do Plan de Reactivación de Galicia. (Expediente CX027).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: redacción do Plan sectorial de ordenación territorial das áreas empresariais.

b) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado: trescentos mil euros (300.000 A), IVE incluÍdo.

5. Garantías:

a) Provisional: seis mil euros (6.000 A).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e técnica, conforme o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

7. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?n=2284.

8. Presentación de proposicións:

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Admisión de variantes: non proceden.

c) Data límite de presentación: ás 14 horas do día 21 de abril de 2003.

d) Lugar de presentación: no rexistro da sede central do IGVS.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: sala de xuntas da sede central do IGVS.

b) Data: 30 de abril de 2003.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2003.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo