Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-EN-2002/29 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, se está a tramitar nesta delegación.

Para efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5º planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 28 de febreiro do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/29.

Denunciado: Wenceslao Salgueiro Cacabelos, enderezo: Avda. Portugal, nº 24-4º do Grove (Pontevedra).

DNI: 35256237-X.

Feitos denunciados: altera-las condicións dun espacio natural protexido. Cando se realizaba servicio do corpo, pola demarcación desta unidade, se observa a presencia dun individuo na zona protexida do Vao, observando que se encontra cavando cunha aixada na area da dita zona, entrevistados con el, pregúntaselle o motivo de encontrarse na dita zona, manifestando que se encontra extraendo verme mariño. É informado de que na dita non está permitido ningún tipo de extracción, dando conta á autoridade competente.

Feitos denunciados o día 21 de agosto de 2002 ás 9.40 horas, no Complexo Intermareal de Umía-istmo do Vao (praia da Lanzada), no termo municipal do Grove.

Data o acordo da incoación: 28-10-2002.

Precepto infrinxido: artigo 62 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 euros.