Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 3 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 250/2002 por infraccións e sancións en materia sanitaria.

Con data 5 de febreiro de 2003, o/a instructor/a do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador número 250/2002, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a El Rincón del Manzano, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a El Rincón del Manzano, S.L. o

contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 3 de marzo de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 250/2002.

Denunciado: El Rincón del Manzano, S.L.

DNI/NIF: B1573991.

Último enderezo coñecido: Sobre a Igrexa, nº 1. Bergondo.

Feito imputado: infraccións á lexislación aplicable en materia de restauración colectiva.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, seral de sanidade; artigos 2.1º.1 e 2.2º do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; arts. 3.3º; 3.4º; 6.2º; 6.3º e 7.3º do Real decreto 3484/2000 polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas e o capítulo I e II do Real decreto 2207/1995 polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: 300,51 euros. Trescentos euros con cincuenta e un céntimos.