Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 27 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 85/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 4 de outubro de 2002, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 85/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Concepción Prieto Vázquez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Concepción Prieto Vázquez o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de febreiro de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador nº 85/2002.

Denunciada: Concepción Prieto Vázquez.

DNI: 34905513-T.

Último enderezo coñecido: estrada de Rairo, nº 7 de Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º c do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigos 8.9º, 8.11º, 8.5º, 8.10º e 12 do Real decreto 1137/1984, do 28 de marzo, modificado polo Real decreto 2627/1985, do 4 de decembro, que aproba a RTS para fabricación, circulación e comercio de pan e pans especiais.

Tipificación: artigo 5 en relación co 3 e 4 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º a, da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 200 euros (douscentos euros).