Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de limpeza no Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicataria: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 17, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza para o CGAC.

3. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento total: corenta mil euros (40.000 A).

b) Aplicación orzamentaria: 10.03.353A.227.00.

4. Prazo de execución:

Doce meses.

5. Fianzas:

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% da adxudicación definitiva.

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso, 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e terminará o décimo sexto día natural ás catorce horas. Se este día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día seguinte hábil.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en dous sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición:

A que figura no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea. E no seguinte enderezo da Internet:

http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2252.

11. Apertura de proposicións:

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ás 12 horas do terceiro día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados. Se este día fose sábado procederase á apertura de proposicións o día hábil seguinte.

12. Anuncio:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural