Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente no mantemento dos sistemas informáticos da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Expediente 3/03 SX).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

Número de expediente: 3/03 SX.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: o mantemento dos sistemas informáticos instalados nas dependencias da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Prazo de execución: comezará o día seguinte ó da sinatura do contrato e durará un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 43.127,19.euros, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira de conformidade co artigo 16.1º.a) e c) do TRLCAP, mediante os seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do TRLCAP, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular do persoal responsable da execución do contrato e por medio dunha relación dos principais traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos.

Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO