Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 3 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 214/2002 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 3 de febreiro de 2003, o secretario xeral da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador nº 214/02 PRO, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña, a Ruisko Lizasu Arano.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ruisko Lizasu Arano o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña ou na Secretaría Xeral, da Consellería de Sanidade, sita na rúa San Lázaro, Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 3 de marzo de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 214/02 PRO.

Denunciado: Ruisko Lizasu Arano.

DNI/NIF: 15777447.

Último enderezo coñecido: Sada de Arriba, 6-1º A. Sada.

Feito imputado: publicidade nun cartel colocado no centro do núcleo urbano, dunha oferta de bebidas para os fins de semana 2x1 «ata que rebentes».

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.B.1 da Lei 14/1986, xeral de sanidade, e artigos 12.1º; 37.3º.A) da Lei 2/1996, de Galicia sobre droga.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: arquivo.