Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.317

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE REDONDELA

EDICTO (107/2000).

Neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Redondela séguense autos de xuízo de menor contía co número 107/2000, seguidos por instancia de Erosmer Ibérica, S.A., representada polo procurador José Marquina Vázquez, contra José Pelayo Miguel Baños, representado polo procurador José Jaime Pérez Alfaya, e contra Carlos Torrado Sánchez e outros, representados polo procurador Bernardo Alfaya González, así como contra os herdeiros descoñecidos e incertos de José Torrado Andre, María Sánchez Mos, José Torrado Sánchez e Emilio Torrado Sánchez. Nos ditos autos recaeu, con data do 24 de decembro de 2002 sentencia, con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Redondela, vintecatro de decembro de dous mil dous.

Vistos por min, Miguel Arambure García-Pintos, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Redondela, os autos de xuízo de menor contía levados neste xulgado co número 107 de 2000, por instancia da compañía Erosmer Ibérica, S.A., representada polo procurador José Marquina Vázquez e defendida pola letrada María Carmen Cornejo-Molíns González, contra José Pelayo Míguez Baños, representado polo procurador José Jaime Pérez Alfaya e defendido polo avogado Fernando Escariz Fernández; Augusto Torrado Sánchez, María Teresa Torrado Sánchez, Carlos Augusto Torrado López, José Francisco Torrado López, María Isabel Torrado López, Teresa Torrado López, Gloria Torrado López, representados polo procurador Bernardo Alfaya González, defendidos pola avogada Ana González; Consuelo Torrado López, María Teresa Torrado Bula, José Emilio Torrado Bula, María Ángeles Torrado Bula; María Emilia Torrado Bula, María Leonor Torrado Bula, e os herdeiros descoñecidos e incertos de José Torrado

Andre, María Sánchez Mos, José Torrado Sánchez e Emilio Torrado Sánchez en situación de rebeldía; e atendendo ós seguintes

Decido que desestimo a demanda interposta polo procurador señor Marquina en representación de Erosmer Ibérica, S.A. contra José Pelayo Míguez

Baños, Augusto Torrado Sánchez, María Teresa Torrado Sánchez, Carlos Augusto Torrado López, José Francisco Torrado López, María Isabel Torrado López, Teresa Torrado López, Gloria Torrado López, Consuelo Torrado López, María Teresa Torrado Bula, José Emilio Torrado Bula, María Ángeles Torrado Bula; María Emilia Torrado Bula, María Leonor Torrado Bula, e os herdeiros descoñecidos e incertos de José Torrado Andre, María Sánchez Mos, José Torrado Sánchez e Emilio Torrado Sánchez; con expresa imposición das custas á demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que cabe interpor contra ela recurso de apelación, o cal para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra deberá ser anunciado no prazo de cinco días, desde a súa notificación, ante este xulgado.

Así por esta sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo, Miguel Aramburu García Pintos, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Redondela».

E para que sirva de notificación da resolución indicada ós herdeiros descoñecidos e incertos de José Torrado Andre, María Sánchez Mos, José Torrado Sánchez e Emilio Torrado Sánchez, expido e asino este edicto.

Dado en Redondela, dezaoito de febreiro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado