Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.316

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (299/2001).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 299/2001, se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Absolver a Daniel Trelles Rodríguez como autor dunha falta do artigo 636 do Código Penal, con tódolos pronunciamentos legais favorables.

Condenar a Antonio Trelles Pérez como autor dunha falta do artigo 636 do Código Penal á pena de corenta e cinco días de multa a razón de nove euros diarios, así como ás custas procesuais, apercibíndoo de que, se non o satisfixese, voluntariamente ou pola vía de constrinximento, quedará suxeito á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos dous efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para a súa resolución pola audiencia provincial».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Daniel Trelles Rodríguez, Antonio Trelles Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o catorce de febreiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE REDONDELA