Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.316

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO (351/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda de separación formulada por Raquel Prado Rivera contra Rafael Doce Dopico e na súa virtude:

A) Declaro a separación do matrimonio, coas medidas indicadas no fundamento de dereito terceiro,

que se dan por reproducidas na súa integridade, e isto sen prexuízo de disposición legal e dereito de terceiro, e así mesmo,

B) Sen que proceda facer expresa condena en custas causadas neste xuízo.

Así por esta miña sentencia que non é firme e contra a que pode presentarse recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado de primeira instancia e instrucción, e da que se levará testemuño ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Rafael Doce Dopico, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 24 de xaneiro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN