Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.315

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases, nos puntos 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador do CIXTEC, convocadas por Resolución do 9 de setembro de 2002 (DOG do 22 de outubro), elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo na categoría de operadores de ordenador, que figuran no anexo da presente resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC, a documentación a que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de operadores de ordenador do CIXTEC:

Nome e apelidos: Juan R. Arufe Miguens.

DNI: 32779328-G

Nota 1: 6,17

Nota 2: 6,3

Nota 3: 4,49

Nota 4: 4,5

Nota 5: apto

Total: 21,46

Nome e apelidos: Fernando Saavedra Santiago

DNI: 52493832-N

Nota 1: 6,33

Nota 2: 5,77

Nota 3: 4,57

Nota 4: 4,4

Nota 5: apto

Total: 21,07

Nome e apelidos: Manuel Tejedor Iglesias

DNI: 33287120-W

Nota 1: 6,83

Nota 2: 5,33

Nota 3: 4,43

Nota 4: 4,4

Nota 5: apto

Total: 20,99

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE FERROL