Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.315

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 27 de marzo de 2003 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de sete postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, anunciada por orde da extinta Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, do 9 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 20 de decembro), corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 3, do 7 de xaneiro de 2003.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de sete postos de traballo vacantes na extinta Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 9 de decembro de 2002 (DOG nº 245, do 20 de decembro de 2002), corrección de erros no DOG nº 3, do 7 de xaneiro de 2003, de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde da extinta Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, do 9 de decembro de 2002.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira,

no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado

ANEXO I

Apelidos e nome: Torres Pérez, Emilia.

NRP: 3498162613 A2051.

Grupo: B.

Código do posto: FA.C06.00.000.15770.029.

Denominación do posto: Servicio de Xestión e Coordinación Administrativa.

Nivel C. Destino: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Garrote Cobelo, Xabier Andrés.

NRP: A45EC140150.

Grupo: B.

Código do posto: FA.C99.40.101.15080.002.

Denominación do posto: subdirector.

Nivel C. Destino: 22.

Dependencia: Complexo Xuvenil As Mariñas (Bergondo).

Localidade: Bergondo.

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE