En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme ó Decreto 312/2000, do 28 de decembro,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das necesidades do servicio e das peculiaridades do inmoble xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta
da extinta Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Progreso nº 11-soto, de Ourense, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio de la Consellería
de Economía e Facenda
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA