Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003 pola que se convoca o Plan de formación da inspección ambiental: cursos mensuais sobre método do caso.

En cumprimento da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, subscribiuse un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Escola Galega de Administración Pública, para a realización do Plan de formación da inspección ambiental: cursos mensuais sobre o método do caso, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Dota-la Inspección Ambiental de formación, coordinación e xestión, sobre casos prácticos de inspección,

lexislación aplicable en cada caso e a súa aplicación nos labores de inspección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental e da Consellería de Medio Ambiente e outros técnicos da citada consellería dos que o seu traballo estea estreitamente relacionado coa inspección ambiental.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Duración: 5 horas mensuais.

3.2. Lugares e datas: EGAP, Santiago de Compostela, os mércores da segunda semana de cada mes, comezando en marzo e rematando en decembro. Estas datas poderán ser cambiadas se as circunstancias así o requiren.

3.3. Horarios: de 10 a 15 horas.

3.4. Prazas: 50.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia modelo que figura como anexo desta convocatoria.

As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, San Lázaro, s/n, Consellería de Medio Ambiente, 15701. Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1982, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

Quinta.-Criterios de selección.

O curso dirixirase a:

a) Persoal con responsabilidade en Inspección Ambiental xeral.

b) Persoal con responsabilidade complementaria á Inspección xeral.

c) Persoal con responsabilidade en Inspección Ambiental sectorial.

Este persoal será titulado superior de corpos especiais (químicos, veterinarios, biólogos e enxeñeiros, etc.).

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG n º 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Certificados de asistencia.

Expediráselles certificado de asistencia ós participantes polas horas mensuais lectivas.

Sétima.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes ou outras causas sobrevidas imposibilitasen a súa realización. As ditas circunstancias comunicaranse, de se-lo caso, ós solicitantes.

Oitava.-Contido.

Caso práctico: breve exposición por parte dun inspector dunha inspección ambiental realizada por él. Análise do caso por grupos. Debate do caso e posta en común. Conclusións e proposta final.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública