Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Profesores de la Universidad de Santiago con Plaza Vinculada.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Profesores de la Universidad de Santiago con Plaza Vinculada que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación o persoal docente da Universidade de Santiago de Compostela con praza vinculada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Asinan a acta de constitución: Ramiro Varela Cives e quince persoas máis.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais