Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de 6 de marzo de 2003, da Área Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (María José Díaz Pérez e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro ), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 6 de marzo de 2003.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

-María José Díaz Pérez.

Expediente: LU-85/100.

Conta nº 47.

Enderezo: rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 9 - 5º D. 27004 Lugo.

Importe da débeda: 671,91 euros, á data do 21 de xaneiro de 2003.

-Manuel Paz Flores.

Expediente: LU-83/080.

Conta nº 15.

Enderezo: rúa Lamas de Prado, 183 - 1º C. 27004 Lugo.

Importe da débeda: 8.162,46 euros, á data do 21 de xaneiro de 2003.

-Manuel Cabañar López.

Expediente: LU-83/010.

Conta nº 23.

Enderezo: rúa Sober, 1 - 5º D. 27400 Monforte de Lemos.

Importe da débeda: 7.762,31 euros, á data do 21 de xaneiro de 2003.