En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Pesca que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán afiliarse á asociación tódolos empresarios retallistas, sexan persoas físicas ou sociedades mercantís, dedicados á venda de artigos de pesca deportiva ou recreativa.
Asinan a acta de constitución: José Manuel García Pereiro e once persoas máis.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais