Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública modificación estatutaria da Asociación Profesional de Comercio Ambulante e Comercio en Prazas de Abastos de Galicia (Acapag).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se recibiu certificación expedida polo secretario da Asociación Profesional de Comercio Ambulante e Comercio en Prazas de Abastos de Galicia (Acapag), Manuel González Pérez, co visto e prace do seu presidente, José Manuel Liste García, onde se recolle, na reunión celebrada o 13-2-2003, o acordo unánime da asamblea xeral ordinaria da Acapag, relativo á modificación do artigo 17º alínea b) Facultades do presidente.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais