Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación do artigo 4 dos estatutos da Asociación Gallega de Criadores de Visón (Agavi).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se recibiu certificación expedida polo secretario da Asociación Gallega de Criadores de Visón (Agavi), Marcelino Couto Martínez, co visto e prace do seu presidente, Isidro Cisneros Antolín, onde se recolle, na reunión celebrada o 7-12-2002, o acordo unánime da xunta directiva, relativo ó novo enderezo social da asociación, que queda fixado na rúa do Pilar, nº 8-3º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais