Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 26 de febreiro de 2003, do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-C-03/02, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a resolución do expediente sancionador S-C-03/02 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que de seguido se relaciona: Cervepark, S.L.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no

Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

Mª Isabel Martínez-Pedrayo Valeiras

Xefa do Servicio de Protección do Patrimonio

Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-C-03/02.

Interesado: Cervepark, S.L.

Enderezo: rúa Menéndez Pelayo, nº 4-6, 2º B, 15005 A Coruña.

Asunto: realización de movementos de terras sen control arqueolóxico na rúa do Mercado, nº 6, 8 e 10, da cidade da Coruña, incumprindo a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 17 de agosto de 2000. O inmoble atópase situado no núcleo histórico da cidade da Coruña, declarado conxunto histórico-artístico polo Decreto 29/1984, do 9 de setembro, e que conta co correspondente Plan Especial de Protección desde o ano 1999. En virtude da D.A. 1ª da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, pasa a te-la consideración de ben de interese cultural.

Precepto infrinxido: artigo 91 h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.