Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/38-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Xabalde-Xabaldiño.

Situación: concello de Rodeiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 497 m de lonxitude desde o apoio da L.M.T. LAL802-Rodeiro e remate no apoio HVH 1600/11 proxectado. C.T. de 50 kV, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea de 436 m de lonxitude con orixe no C.T. proxectado en Xabalde-Xabaldiño, concello de Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra