Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/39-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Nandín.

Situación: concello de Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV con conductor tipo LA-56 de 54 m de lonxitude desde un apoio da liña o C.T. Areíña ata o apoio proxectado HV-1000/13 onde continúa a L.M.T.S. proxectada ata o C.T. existente en Areíña; L.M.T.S. desde o apoio proxectado HV-1000/13 da L.M.T.A. ó C.T. Nandín ata o C.T. proxectado; dúas R.B.T., unha aérea e outra subterránea con orixe no C.T. proxectado; C.T. de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V en Nandín, concello de Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra