Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Cumieira, O Morán, San Miguel de Tabagón.
Situación: concello do Rosal.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 745 m de lonxitude, desde o C.T. existente en San Miguel de Tabagón ata o C.T. proxectado; dúas R.B.T., unha aérea e outra subterránea, de 1.230 e 40 m de lonxitude respectivamente, ámbalas dúas con orixe no C.T. proxectado; C.T. de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, na Cumieira, San Miguel de Tabagón, concello do Rosal.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de febreiro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra