Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/22-4 e IN407A 03/28).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: C.T., L.M.T.S. e R.B.T. Gutín-L.M.T.S. e c. seccionamento Gutín.

Situación: concello de Gondomar.

Descricións técnicas:

Expediente IN407A 03/22.

L.M.T.S. a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 740 m de lonxitude desde o centro de seccionamento de Gutín ata o C.T. de 160 kVA, R.T. 20 kV 380/220 V, que se proxecta en Gutín, concello de Gondomar. Dúas R.B.T., unha subterránea de 50 m de lonxitude e outra aérea de 830 m. Ambas con orixe no C.T. proxectado.

Expediente IN407A 03/28.

L.M.T. subterránea con conductor tipo R.H.V., de 180 m de lonxitude, desde a L.M.T. subterránea en construcción circunvalación Baiona, alimentando en bucle o centro de seccionamento que se proxecta en Gutín, concello de Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra