Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

ANUNCIO de contratacion a través de procedemento aberto mediante concurso da obra de reparacion e mellora dos camiños en Posmarcos e Santa Cruz.

1. Entidade adxudicadora.

Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Expediente que figura na secretaría.

2. Obxecto.

Contrato para execución das obras de reparación e mellora dos camiños en Posmarcos e Santa Cruz.

3. Prazo de execución.

Tres meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso por procedemento aberto.

5. Orzamento de licitación.

Setenta e dous mil vinteoito euros con vinteseis céntimos (72.028,26 euros).

6. Aplicación orzamentaria.

Partida 511.46.601.00.

7. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

8. Presentación das ofertas.

No rexistro xeral do concello durante o prazo dos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP.

9. Documentación.

A prevista no prego de cláusulas económico-administrativas aprobado pola deputación con data do 6 de setembro de 2002.

10. Apertura de plicas.

Terá lugar no salón de sesións do concello, ás 13.30 horas do segundo día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de ofertas, agás sábado.

11. Outra información.

Poderá obterse copia do prego de cláusulas e da memoria valorada na secretaría xeral do concello en horario de oficina (das 8 ás 15 horas), ata as 14 horas do día anterior ó do remate do prazo para presentación de propostas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

A Pobra do Caramiñal, 3 de marzo de 2003.

Isaac V. Maceiras Rivas

Alcalde