Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual NN.SS. na zona da Atalaia.

O Pleno da Corporación en sesión plenaria celebrada o día 17 de xaneiro de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do concello na zona da Atalaia de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 1/1997 do solo de Galicia e 22.2º c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

2. Acorda-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP deste acordo, de conformidade co artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste, no DOG e no BOP, de conformidade co previsto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Malpica de Bergantiños, 22 de xaneiro de 2003.

José Ramón Varela Rey

Alcalde-presidente