Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por decreto da Alcaldía, do 21 de marzo de 2003, o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudica-los servicios de recollida selectiva e transporte de residuos (envases lixeiros), localización ou relocalización, limpeza e mantemento dos contedores do concello da Guarda, que se expoñen ó público durante oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso aínda que se aprazará a licitación, se resultara necesario, por formularse reclamacións contra os pregos.

-Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda; praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

-Obxecto do contrato.

Adxudica-los servicios de recollida selectiva e transporte de residuos (envases lixeiros), localización ou relocalización, limpeza e mantemento dos contedores do concello da Guarda.

-Tipo de licitación.

O orzamento de licitación do contrato fíxase en 98.804,24 euros.

-Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

-Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento.

-Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, das 9 ás 13 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

-Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de oito días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia das 9 ás 13 horas e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo sétima do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

-Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

-Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 21 de marzo de 2003.

José Luis Alonso Riego

Alcalde