Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de contratación de obra.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: obras do proxecto de construcción de nichos 1ª fase. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 293.293 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Documentación e información: Concello do Grove. Praza do Corgo s/n (36980) O Grove (Pontevedra). Teléfono: 986 73 09 75. Fax: 986 73 13 58. Prazo: ata o remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupo 1, 2, 4, 5, 6, categoría C.

8. Presentación das ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Documentación que hai que presentar: a prevista na cláusula III.2 do prego de condicións. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello, no domicilio antes citado, ou na forma prevista na cláusula III.2.3 do prego de condicións.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: na sala de comisións da casa do concello, ás 13 horas do 3º día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, e se fose sábado, o día hábil seguinte.

10. Outras informacións: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 24 de marzo de 2003.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde