Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra número 37, do 24 de febreiro de 2003, publícanse as bases e a convocatoria para cubrir, mediante concurso, unha praza de operario de servicios varios-socorrista, a xornada completa, vacante no cadro de postos de traballo laboral deste Concello.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios deste Concello.

Fornelos de Montes, 26 de febreiro de 2003.

Serafín A. Martínez Martínez

Alcalde