Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

Tendo quedado deserto o concurso para a construcción e explotación dun aparcadoiro subterráneo no núcleo de Ponteareas, anúnciase nova licitación de conformidade cos pregos de condicións xurídicas, técnicas e económicas aprobados polo Pleno Municipal en sesións con data do 15-10-1999 e do 12-11-1999.

1. Obxecto do contrato.

Obra: construcción e explotación dun aparcadoiro subterráneo en Ponteareas.

Prezo de licitación: a xuízo do ofertante.

2. Prazo de execución e duración da concesión.

O prazo de execución das obras fíxase en once meses e comezará a contar desde a data na que se asine a acta de replanteo.

A obra realizarase de conformidade co prego de condicións aprobado pola corporación en sesións do 15-10-1999 e 12-11-1999, estando á disposición dos interesados na secretaría do concello.

O prazo máximo da duración da concesión será de 75 anos, de conformidade co acordado pola corporación municipal o día 12-11-1999.

3. Garantías.

Provisional: 42.070,85 euros.

Definitiva: 4% do orzamento das obras.

4. Presentación de proposicións e documentación complementaria.

Durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación do último publicado (Diario Oficial de Galicia ou BOE), en horas de oficina.

5. Modelo de proposición.

O contido no prego de cláusulas. Documentación complementaria: a sinalada no prego. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data e a hora na que se fixo o envío e comunicalo ó concello mediante fax ou telegrama, dentro da data e hora fixadas como prazo de presentación.

6. Apertura de plicas.

Ás 10 horas do primeiro mércores seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións na Casa do Concello de Ponteareas.

Ponteareas, 20 de marzo de 2003.

Mª Nava Castro Domínguez

Alcaldesa