Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.117

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (450/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 450/2002 seguidos por instancia de Sonia Acuña Baldomir contra Rediscarta Galicia, S.L. e outros, sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou auto, con data do 10 de febreiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Declaro resolta con efectos do día de hoxe a relación laboral entre Sonia Acuña Baldomir e a empresa Rediscarta Galicia, S.L. e Repris, S.L., que deberá aboar a aquela a cantidade de 3.257,49 euros en concepto de indemnización, e 5.829,82 euros en concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data deste auto.

Notifíqueselles ás partes esta resolución para os efectos pertinentes, advertíndolles que contra ela poden presentar recurso de reposición dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, diante deste mesmo xulgado.

Acordouno e asínao Isabel Olmos Parés, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un da Coruña, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Rediscarta Galicia, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Agra de Bregua, 49, 15010 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 10 de febreiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado