Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (123/2002).

Dolores Rolle Insua, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, fai saber:

Que nos autos de divorcio número 123/2002, se dictou a sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.

Muros, 20 de xaneiro de 2003.

María de las Mercedes Martín Olivera, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único de Muros, viu estes autos de divorcio seguidos perante este xulgado co número 123/2002, por instancia de José Antonio Sendón Formoso, maior de idade, con enderezo en Louro-Muros (A Coruña), con DNI 10768487, representado pola procuradora Caridad González Cerviño e asistido pola letrada María Monteagudo Romero, contra María Dolores Balayo Lago, maior de idade, quen foi declarada en rebeldía; e no nome da súa maxestade El-Rei dictou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda de divorcio presentada pola procuradora Caridad González Cerviño, en nome e representación de José Antonio Sendón Formoso, contra María Dolores Balayo Lago, acórdase a disolución por divorcio do matrimonio formado por ámbalas dúas partes, cos efectos legais inherentes, quedando revogados tódolos poderes e consentimentos que se outorgasen ós conxuxes entre si.

E todo con expresa condena en custas da parte demandada.

Procédase á anotación marxinal desta sentencia no asento correspondente ó matrimono dos cónxuxes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que, de se-lo caso, se deberá interpoñer perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes o da súa notificación.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado e para que sirva de notificación á demandada María Dolores Balayo Lago, con domicilio descoñecido, expido, selo e asino esta sentencia en Muros o 11 de febreiro de 2003.

A secretaria

Rubricado