Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da dobraxe para o ano 2003.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector da dobraxe, que subscribiu a comisión paritaria do referido convenio o 28 de xaneiro de 2003, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da comisión paritaria do convenio

colectivo do sector da dobraxe

da Comunidade Autónoma galega

Asistentes:

-Parte empresarial.

Dolores Ben Pena (AITEGA).

Celestino Hermida González (AITEGA).

Luis Núñez Rojo (AITEGA).

Francisco Rey García (AITEGA).

-Parte social.

Pedro A. Beade Roel (CC.OO.).

Xosé Antón López Rodríguez (CIG).

Patricia Lorenzo González (CC.OO.).

Alfredo Santomil García (CIG).

En Santiago de Compostela, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sendo as 11 horas do día 28 de xaneiro de 2003, reúnense as persoas á marxe relacionadas, como membros da comisión paritaria regulada no artigo 42 do convenio colectivo

do sector da dobraxe da Comunidade Autónoma galega, coa seguinte orde do día:

1. Revisión salarial para o ano 2003.

Unha vez coñecido o IPC real correspondente ó ano 2002, que ascendeu ó 4%, procédese, en aplicación do establecido no artigo 3 do convenio colectivo en vigor, a aplicar unha revisión salarial para o ano 2003, sobre tódolos conceptos económicos do convenio, do 5%. As cantidades resultantes figuran no anexo desta acta.

Ano 2003

Artigo 10º.-Desprazamentos e gastos de comida.

Quilómetro de desprazamento: 0,18 A.

Comida: 11,58 A.

Manutención e aloxamento: 57,87 A.

Artigo 13º.-Táboas mínimas de contratación.

CategoríasMensual (A)Hora (A)Anual (A)

1. Xefe/a de son/vídeo1.122,339,9415.712,68

2. Técnico de son/vídeo1.006,958,9014.097,30

3. Operador/a de son/vídeo829,967,3411.619,47

4. Axudante de son/vídeo588,955,228.245,23

5. Técnico de mantemento911,268,0512.757,69

6. Xefe/a de administración1.044,818,3014.627,38

7. Oficial administrativo/a723,465,7410.128,45

8. Auxiliar administrativo/a604,214,798.458,97

9. Xefe/a de producción1.044,818,3014.627,38

10. Axudante de producción902,577,1812.635,97

11. Auxiliar de producción604,214,798.458,97

12. Secretario/a de dirección604,214,798.458,97

13. Secretario/a mecanógrafo/a604,214,798.458,97

14. Recepción: (telefonista,

conserxe, garda, porteiro/a)

604,214,798.458,97

15. Encargado/a de almacén604,214,798.458,97

16. Persoal de limpeza (por hora)3,70

Artigo 30º.-Remuneracións.

a) Actores/actrices.

Contratación por obra.

Convocatoria xeral: 31,63 A.

Take: 3,01 A.

Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.002,81 A.

b) Directores/as.

Contratación por obra.

Minuto dirección: 3,59 A.

Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.557,49 A.

c) Axustadores/as.

Contratación por obra.

Rolo axuste: 27,27 A.

Minuto axuste: 2,72 A.

Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.002,81 A.

Artigo 37º.-Remuneracións.

Traductores/as.

Contratación por obra.

Folio traducción: 5,02 A.

Contratación temporal ou indefinida (mensual): 1.002,81 A.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA