Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.104

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de marzo de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública anunciada por Orde do 5 de febreiro de 2003.

Convocada por Orde do 5 de febreiro de 2003 (DOG nº 32, do 14 de febreiro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, anunciada pola Orde do 5 de febreiro de 2003 (DOG nº 32, do 14 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

NRP ou DNI: 7730885513 A2059.

Apelidos e nome: Suárez Rilo, Begoña.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar.

Código do posto: PRA010000015770001.

Denominación: secretario/a director.

Nivel C.D.: 18.

Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.