O Decreto 295/2002, do 17 de outubro, constitúe o novo marco normativo polo que se regula a concesión de subvencións para a reconstrucción protexida de vivendas situadas no medio rural de Galicia.
O seu artigo 6º dispón que estas axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que cuantificarán as dispoñibilidades orzamentarias que poidan consignarse en cada exercicio económico.
A súa disposición derradeira faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
para dictar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.
En uso da referida autorización,
DISPOÑO:
Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo 6º do Decreto 295/2002, do 17 de outubro, determínase:
1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, onde figuran os créditos con cargo ós que serán atendidas as axudas do Decreto 295/2002 é a 06.60.331A.781.0.
2. O importe máximo destas axudas que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2003 será de 587.250 euros.
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.
Alberto Núñez Feijóo
Conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda