Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.069

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 26 de marzo de 2003 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2003 ó abeiro do Decreto 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación protexida de vivendas no medio rural de Galicia.

O Decreto 228/2002, do 20 de xuño, constitúe o novo marco normativo polo que se regula a concesión de subvencións para a rehabilitación protexida de vivendas situadas no medio rural de Galicia.

O seu artigo 6º dispón que estas axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que cuantificarán as dispoñibilidades orzamentarias que poidan consignarse en cada exercicio económico.

A súa disposición derradeira faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dictar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo 6º do Decreto 228/2002, do 20 de xuño, determínase:

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para

o ano 2003, onde figuran os créditos con cargo ós que serán atendidas as axudas do Decreto 228/2002 é a 06.60.331A.781.0.

2. O importe máximo destas axudas que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2003 será de 6.600.000 euros.

Disposición derradeira

Única.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda