Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/294, modificado 1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1, L.M.T., C.T., R.B.T. Fontelo.

Situación: Frades e O Pino.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, con conductor LA-56:-De 2.083 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 10 de L.M.T. ó C.T. Ayazo e final no C.T. Tambre, que se vai instalar.-De 10 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 6 da L.M.T. ó C.T. Tambre e final no C.T. Fontelo, que se vai instalar.

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo, e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 132 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 2 da L.M.T. a C.T. Tambre e final no C.T. Torre, que se vai instalar.

Centros de transformación, aéreos de 25 kVA en Tambre, de 50 kVA en Fontelo e en caseta prefabricada de formigón de 160 kVA en Torre. Concellos de Frades e O Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña